sábado 04.04.2020

Un novo lume afecta ó concello de Muíños na parroquia de Parada de Ventosa

En Requiás arderon xa máis de 800 hectáreas

Un novo lume afecta ó concello de Muíños na parroquia de Parada de Ventosa

    O concello de Muíños volveu amencer rodeado de fume e de lapas. Un novo lume deu comezo na zona, na parroquia de Parada de Ventosa, ás18h da tarde do mércores. Polo momento arrasou con máis 20 hectáreas. Os medios de extinción seguen traballando e a situación está controlada a estas horas. Participan 3 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas e 1 helicóptero. 

Permanece activo o lume que arrasou xa máis de 800 hectáreas do Parque Natural do Xurés, na parroquia de Requiás. Veciños e veciñas sumáronse ó operativo de extinción no que participan brigadas de toda Galicia. 

Vivíronse momentos de tensión pola intensidade das lapas o que provocou que os equipos de extinción tiveran que retroceder en moitas ocasións polo perigo. 

Comentarios