sábado 04.04.2020

A residencia de maiores de Mugueimes en Muíños amplíase ata as 59 prazas

A residencia de maiores de Mugueimes en Muíños amplíase ata as 59 prazas

    O Concello de Muíños e a Consellería de Política Social asinaron un covenio de colaboración para financiar as obras da residencia de maiores de Mugueimes. Os traballos van consistir na reforma e ampliación do centro onde se prestan servizos de promoción da autonomía e atención á dependencia. 

A residencia leva funcionando dende hai uns anos dando servizo a 40 persoas dependentes. O Concello de Muíños xa comezou coa remodelación do centro neste ano e agora súmase o apoio da Xunta de Galicia para garantir a reforma e poder ampliar así ata as 59 prazas. 

O edificio tamén funciona como centro de día para o que conta con 30 prazas. Actualmente as instalacións constan de habitacións dobres, sala de rehabilitación, sala de actividades, cociña, comedor e lavandería. 

A Administración galega, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar,  vai facer unha aportación de 150.000 euros e estímase que as obras estean rematadas en 2018. 

O acordo fixouse o martes en Compostela, nunha xuntanza que mantiveron o rexedor de Muíños, Plácido Álvarez, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. 

Comentarios