jueves 09.04.2020

Outro accidente despois da rotonda dos institutos

Un coche foise contra tres turismos estacionados fora da estrada
Outro accidente despois da rotonda dos institutos

A carón dás 20:00 un condutor, que deu 00 na proba de alcoholemia foise fincar contra tres turismos que estaban aparcados correctamente fora dos marxes da estrada que entra en Xinzo pouco despois da rotonda dos institutos en dirección a Xinzo.

VIÑA DUN ENTERRO E NON VIU A ROTONDA

IMG_20200225_201302

Neste caso a persoa que conducía o vehículo que se fincou nos que estaban aparcados manifestou cando estaba a ser atendido no propio lugar por unha ambulancia sanitaria do 061, que pasou por riba da rotonda, porque non a viu. Tamén manifestou que estaba a mirar a radio para cambiar de emisora, cando perdeu o control do vehículo chocando  con tres coches máis.

Unha vez localizados por membros da Garda Civil  de Verín, e a Policía Local de Xinzo foron chegando os propietarios para recoller os seus coches.

A primeira parella que chegou, veciños de Allariz, manifestaron que deixaran alí o coche sen meterse máis no pobo, para non ter ningunha clase de problema.

O ferido despois de ser atendido das feridas que tiña na cabeza foi trasladado o PAC de Xinzo.

Asistiron ao accidente tamén os membros de Protección Civil de Xinzo.

accidente rotonda

Comentarios