jueves 27.02.2020

Accidente sen feridos no centro de Xinzo

Na estrada de "Correos"
IMG_20200122_201824[160]
IMG_20200122_201824[160]

Á saída do aparcamento da praza Carlos Casares

A última hora da tarde o condutor un WG  foi chocar contra o borde da estrada na saída do aparcamento da praza Carlos Casares perdendo o control do vehículo. Isto fixo que se fora contra a beirarrúa dereita subindo por riba dos “bolardos” de pedra que separan a beirarrúa  da rúa.

IMG_20200122_201908[158]

O condutor non sufriu dano ningún posto que o coche saltáronlle os dous “airbag” tendo tamén danos nos baixos do mesmo.

Ata o lugar achegáronse  dous camións de bombeiros, cousa que fixo que moitos veciños e curiosos se pararan na rúa para ver o que ocorría, así como os veciños dos pisos saían as ventás para interesarse polo ocorrido, sobre todo pola presenza dos bombeiros.