sábado 31/10/20

Un accidente segou a vida dun motorista limiao este sábado

Antonio Folgoso, de 42 anos, perdía o control do seu vehículo na N-525 ao seu paso por Verín REDACCIÓN [email protected] Twitter:@Dendealimia Antonio Folgoso, para...
Accidente. FOTO Antonio Rodríguez

Antonio Folgoso, de 42 anos, perdía o control do seu vehículo na N-525 ao seu paso por Verín

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter:@Dendealimia

Antonio Folgoso, para a maioría dos veciños de Xinzo, Toño, circulaba os sábado pola tarde polo quilómetro 160 da estrada N-525 ao seu paso por Verín e en sentido Benavente. Cando pasaban aproximadamente 20 minutos das tres, mentres circulaba por unha zona de curvas, perdía o control da moto na que viaxaba.

Logo de deslizarse polo asfalto durante máis de 20 metros, chocou contra o gardarraíles o eterno inimigo dos motoristas. Ata o lugar dos feitos trasladábase a Garda Civil e unha ambulancia do 061, que o desprazou á vítima ata o Hospital de Verín. Onde desafortunadamente, este veciño de A Pena perdeu a súa vida con tan só 42 anos de idade.

Comentarios