sábado 8/8/20

ADEGAL, VOTA BALONS FORA A ESPERA DOS ANÁLISIS DEFINITIVOS DOS COMPOÑENTES NOCIVOS DAS AUGAS DO RIO E O EMBALSE DAS CONCHAS

A asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, de recente creación fala sobre identificación da orixe da contaminación no...

Rio Limia ó seu paso por Xinzo en épocas de crecida
Rio Limia ó seu paso por Xinzo en épocas de crecida

A asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, de recente creación fala sobre identificación da orixe da contaminación no rio Limia

No primeiro semestre do ano 2012 comezouse cos estudios de caracterización e comportamento do embalse das Conchas, nos Concellos de Muíños e Bande, a través de isótopos, encargados á USC, á UAM e ó CSIC, coa duración estimada de un ano, promovidos pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil. O sector agrogandeiro da Limia, o cal representamos, é criminalizado constantemente como causa principal da concentración dos nutrintes causantes das cianobacterias, asumindo responsabilidades que non lle pertencen na súa totalidade. Presúmese este estudio está concluido e coa dispoñibilidade dos resultados, de vital interés para a comarca limiá, por estar augas arriba das Conchas, por tanto, parte principal de atención para as análises e os datos. Pois ben, como se fixo público nun avance dos resultados no mes de xullo, o primer reto para a Confederación Hidrográfica Miño-Sil foi identificar a procedencia da contaminación, polo que os estudios concluiron: “El nitrógeno excesivo que existe en la cuenca del Limia es, en su mayor parte, de procedencia orgánica, culpando de la situación a la deficiente depuración de las aguas residuales procedentes de la actividad humana”.

ADEGAL, VOTA BALONS FORA A ESPERA DOS ANÁLISIS DEFINITIVOS DOS COMPOÑENTES NOCIVOS...
Comentarios