O adeus a Juan ensombrece o Entroido

O adeus a Juan ensombrece o Entroido

Unha longa enfermidade da que estivo pendente todo Xinzo segou a vida deste mozo limiao

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Era para todos Juan. Juan Diz Colmenero, o irmán de Ramón, Segundo e Mané e un dos primeiros en saltar á rúa cando chegaba o Entroido limiao. Unha longa enfermidade que mantiña en vilo a todo Xinzo custoulle a vida esta mañá.

Un crespón negro viste hoxe Don Carnal e a Limia enteira na memoria deste mozo de 42 anos, ao que aínda lle quedaban moitos Entroidos que desfrutar correndo entre as Pantallas. A alegría propia destes días quedou hoxe sen dúbida embazada pola perda de Juan. Este limiao recibirá o seu último adeus mañá, arroupado polos seus e con ese sentimento entroideiro vestido de loito. Desde Dende A Limia, e seguros de que representamos o sentir de tódolos veciños, queremos expresar as nosas condolencias a tódolos seres queridos de Juan.