sábado 14.12.2019

Os agricultores da Limia agardan que as choivas destes días axuden a madurar a pataca

Os agricultores da Limia agardan que as choivas destes días axuden a madurar a pataca

    A campaña de recolleita da pataca deste ano está sendo moi tranquila pola Limia. A previsión que fan os agricultores é que a produción caeu en torno a un 30%. As inundacións da primavera trouxeron como consecuencia o retraso na sementeira e a pataca a día de hoxe non cumpriu o seu ciclo. 

En pleno mes de outubro por outros anos, poucas fincas quedaban aínda coas patacas na terra e a maioría do tubérculo xa estaba almacenado. Este ano aínda hai productores que non comezaron a recolleita e que agardan que as choivas que dan para estes días axuden a madurar a pataca.

De feito son moitos os casos nos que tiveron que parar de coller o tubérculo porque a pel aínda é moi suave e pela, co cal a pataca corre o risco de estropearse e ser máis propensa a entrada de bacterias. 

Así as cousas non todo é negativo nesta campaña na que se reduce a produción pero a calidade segue sendo excelente. Os productores mantéñense esperanzados co bo prezo ó que se paga a pataca que polo momento mantense alto. 

Comentarios