martes 10.12.2019

Os agricultores da Limia en alerta ante o roubo de material de regadío

Os agricultores da Limia en alerta ante o roubo de material de regadío

    Estes días están sendo complicados para os agricultores da comarca, ó mal ano de colleita por mor das intensas choivas teñen que sumarlle agora os roubos que están sufrindo. 

Nestas últimas semanas aumentaron os casos de roubo de material de regadío en numerosas parcelas da Limia. Os ladróns sustraeron sobre todo pezas coñecidas como alcachofa e que son fundamentais para extraer a auga dos pozos e impulsala cara o motor que a reparte por toda a parcela. 

Os ladróns aproveitaron a noite para cometer os furtos, momento no que os agricultores deixan os motores funcionando para regar. No caso de Antonio Feijoo de Zos, leváronlle unha destas pezas que poden acadar os 300 euros cada unha. 

Antes estes feitos moitos dos labregos da zona decidiron formar equipos nocturnos de vixilancia para evitar máis casos, agardando que as forzas de seguridade respondan e patrullen as pistas pola noite. 

 

Comentarios