miércoles 28/7/21
volven os roubos as terras da Limia

Os agricultores da Limia organizaranse en patrullas de vixilancia

Este fin de semana voltaron os roubos de baterías, gasóleo e esnaquizado  de motores

motores de riego
motores de riego

Aproveitando que os agricultores teñen que regar os campos de patacas polas temperaturas destes días e tamén polos días festivos de Xinzo, ao igual que aconteceu anos pasados, houbo quen se dedicou  a roubar as baterías dos motores e o gasoleo.

DESTROZOS NOS MOTORES

O problema, que xa non é pouco, non e que rouben as baterías, se non que para roubalas, destrozan os cables e os motores. Tamén, aproveitan para roubar o gasoleo, manifestan os agricultores afectados.

BRIGADAS DE VIXIANCIA

Os agricultores chegaron o acordo de a partir de hoxe mesmo organizarse en patrullas de vixilancia para ver si collen aos “ladróns”.

Loxicamente xa se presentaron as pertinentes denuncias ante a Garda Civil, que recordemos anos atrás lograran coller aos cacos.

Comentarios