lunes 23/11/20

O alcalde de Xinzo empregou 1.700 euros nunha axencia de detectives para investigar ao arquitecto municipal

O PSOE considera “gravísimo o acoso e derribo” sufrido por este funcionario, do que aseguran Pérez intentaba “librarse para contratar...
IMG_1515
IMG_1515

O PSOE considera “gravísimo o acoso e derribo” sufrido por este funcionario, do que aseguran Pérez intentaba “librarse para contratar a dedo a outro”

REDACCIÓN

[email protected]

O arquitecto municipal declarou ante o xuíz ter sido perseguido por unha axencia de detectives nunha investigación ordenada polo alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez. O orzamento empregado polo rexedor para este fin tería sido de 1.700 euros. Para o grupo municipal do PSOE esta actitude de “acoso e derribo” ao funcionario é unha situación “gravísima”. E acusan a Antonio Pérez de intentar “desaloxar do seu posto ao arquitecto municipal, para contratar a outro a dedo”.

Elvira Lama, voceira dos socialistas de Xinzo, explicou que mentres “o alcalde intentaba desaloxar do seu posto ao arquitecto”, colocaba no seu lugar a un substituto como persoal laboral indefinido “por decreto”, para que desenvolvese actividades de asesoramento, con contratos renovados anualmente. Así, este grupo da oposición considera que o técnico titular debe regresar o seu posto e o substituto abandonar o Concello, “porque no anexo de persoal dos orzamentos do 2013, tan só figura un arquitecto”.

Ademais, desde o PSOE critican o gasto na investigación privada para “facer contratos a dedo” de Antonio Pérez. Pois aseguran que  ao mesmo tempo que fai este gasto, “rebaixa o salario dos traballadores” e “aumenta as débedas do Concello, que debe facer fronte aos gastos xudiciais derivados das sentenzas que o condenan por unha serie de contratacións presuntamente ilegais”.

Comentarios