O alcalde de Xinzo ten pendente de trámite unha denuncia e un proceso xudicial en curso

O alcalde de Xinzo ten pendente de trámite unha denuncia e un proceso xudicial en curso
O grupo nacionalista local quixo lembrar a semana pasada as tarefas pendentes que o rexedor ten coa xustiza Segundo o BNG,...

O grupo nacionalista local quixo lembrar a semana pasada as tarefas pendentes que o rexedor ten coa xustiza

Segundo o BNG, Antonio Pérez, líder do consistorio limiao tería pendente de trámite una denuncia presentada na Fiscalía de Ourense e un proceso en curso aberto a instancia da Avogacía do Estado, por temas todos eles relacionados con arbitrariedades nas contratacións do ano pasado. Os nacionalistas aseguran que o proceso iniciado pola Avogacía do Estado está a ser “torpedeado e obstaculizado desde o Concello” por se negar “reiteradamente a achegar a documentación solicitada polo instrutor”, feitos que segundo os representantes do voto nacionalista no municipio, foron recoñecidos pola propia Subdelegación do Goberno. Así mesmo, Pérez estaría tamén agardando a que o Contencioso- Administrativo se pronuncie sobre as supostas irregularidades na selección da letrada do Concello, que fora recorrida polo sindicato maioritario dos traballadores. Os concelleiros do BNG interpretan esta situación coma a consecuencia “dun claro intento por parte de Pérez por construír e consolidar o seu propio aparato caciquil”. Redacción Dende a Limia