"O alumnado sorprenderase coa nova imaxe interior do centro"

IMG_20180911_141902
"O alumnado sorprenderase coa nova imaxe interior do centro"

Remataron as obras no CEIP Carlos Casares

No prazo previsto, remataron as obras no CEIP Carlos Carlos Casares de Xinzo. Onte pola mañá acompañados da súa directora Milagros Lozano, percorremos os lugares nos que a Consellería de Educación, dentro do plan de eficiencia enerxética veu desenrolando nos meses de verán.

ALUMEADO LED E TERMOSTATOS EN TODAS AS AULAS

IMG_20180911_143349O alumnado que esta mañá volte as súas aulas, atoparase con cambios estéticos, pero sobre todo con cambios estruturais que irá descubrindo ao longo deste curso, sobre todo coa chegada do inverno.

Despois dun estudo de eficiencia enerxética ao edificio as melloras fóronse plasmando tanto nas fiestras que dan a zona sur como nos cristais que dan a zona norte, por onde lle da o sol de mañá e molesta para o desenrolo das actividades escolares.

IMG_20180911_142818Un dos cambios máis importantes foi a do cambio de luminarias por led con sensores de presenza. Ademais nas aulas e estancias que están na zona de sol, teñen termostatos, para que a calefacción se aproveite nas zonas que eran máis frías.

IMG_20180911_142406Milagros, xunto co seu equipo directivo está moi satisfeita, porque ademais destas actuacións estruturais, tamén conseguiu que nalgunhas partes do centro se actuara na pintura de esas zonas. Entre elas destaca a subida a segunda planta así como nas zonas exteriores que dan a rúa por onde entran os rapaces e rapazas.

SORPRESAS NO FAIADO

Como case sempre as obras traen as súas sorpresas, e a acontecida neste edificio, foi que cando subiron ao faiado para illar o centro pola parte superior , atópanse con varias toneladas de residuos da obra, cando se construíu. Solo o desentullo de todo ese material supuxo un presuposto extraordinario de 5.000 €. Ninguén se imaxinaba que cando se fixo a construción do centro se deixaran todos os residuos da obra, baixo a cuberta do mesmo.IMG_20180911_143027