domingo 29/11/20

Alumnas do IES de Bande entre as mellores contadoras de historias de Galicia

REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia Dúas alumnas do IES Aquis Querquennis de Bande foron premiadas en dúas das modalidades do “XIV concurso de relato...
Tíralle da lingua 24 abril (45)
Tíralle da lingua 24 abril (45)

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Dúas alumnas do IES Aquis Querquennis de Bande foron premiadas en dúas das modalidades do “XIV concurso de relato oral Tíralle da lingua”, convocado pola Asociación Socio–Pedagóxica Galega. A fase final celebrábase o pasado xoves 24 de abril, no salón de actos do compostelán IES Rosalía de Castro.

Ares Lamas e Victoria Feijoo levaron premio para Bande. Ares, proclamábase vencedora do nivel de 1º ciclo da ESO coa adaptación do conto dos irmáns Grimm, “Os catro amigos”. E Victoria conseguía a prata co monólogo dunha contadora latinoamericana “Tipos de amigas”, no nivel de 2º ciclo da ESO e ensino postobrigatorio.

Perante un repleto auditorio de escolares de todos os centros participantes, os numerosos contadores de historias levaron a cabo a súa posta en escena e foron avaliados por un xurado proposto pola AS-PG, que outorgou dous premios para cada unha das categorías concorrentes.

O alumnado do IES Aquis Querquernnis, desde a coordinación do ENDL desta actividade,  realizou unha moi boa posta en escena dos monólogos interpretados, catro en total. Froito disto foi a excelente valoración final no certame das historias interpretadas por Ares e Victoria, que conseguiron ademais unha dotación económica, 400 euros para o centro e 250 e 150 euros para elas, polo 1º e 2º premio respectivamente.

Comentarios