Amador Díaz dimite como Presidente da Comunidade de Regantes da Limia

Amador Díaz
Amador Díaz dimite como Presidente da Comunidade de Regantes da Limia

Tamén deixará de ser Presidente da Asoc. de Produtores de pataca

Ao longo desta semana Amador Díaz Penín, primeiro tenente de alcalde do Concello de Xinzo deixará os cargos de presidente, tanto da asociación de produtores de patacas fundada fai un ano e tamén da comunidade de regantes da Limia.

Amador Díaz 2Entendo que ao estar representando ao concello de Xinzo nas comisión do regadio, xa estou representando non solo aos regantes desta comunidade da Limia, se non a tódalas comunidades que pertenzan no noso concello.
Da mesma maneira, entendo que non é lóxico que sendo a asociación de pataqueiros beneficiaria de axudas por parte do noso concello, non firme as solicitudes de axudas e ao mesmo tempo teña que asinar por parte do Concello a mesma solicitude.
Nos vindeiros días deixarei a función directiva nas dúas entidades para dende o concello seguir loitando polos intereses dos agricultores, neste caso.