Amigos da Terra presenta o Servizo Voluntario Europeo entre a mocidade da Limia

voluntarios
Amigos da Terra presenta o Servizo Voluntario Europeo entre a mocidade da Limia

Amigos da Terra pon en marcha un programa pensado para fomentar a mobilidade dos mozos e mozas para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental. O proxecto é posible pola Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A intención é que a xente máis nova coñeza en que consiste o voluntariado europeo que permite participar en proxectos sociais, medioambientais,de patrimonio, cultura ou protección civil entre unha longa lista. Durante un periodo de entre dous a doce meses, os voluntarios poden adquirir competencias laborais, aprender idiomas e facer currículum.

As persoas que queiran participar teñen dereito a unha viaxe de ida e volta, aloxamento, alimentación, diñeiro de peto, formación lingüística e específica e un seguro de saúde.

Os mozos e mozas que queiran formar parte desta experiencia debe ter unha idade comprendida entre os 17 e 30 anos e terán como destino calquera país de Europa.

Sobre todo isto falouse nun encontro que tivo lugar na tarde do luns en Xinzo de Limia e no que se contou coa experiencia dunha voluntaria europea.