jueves 02.07.2020
Medio Ambiente

Os Amigos das Árbores da Limia matizan as declaracións dun dos seus membros

Un membro da Plataforma Amigos das Árbores da Limia, afirmou ao dendealimia.com que, se para comezar a circunvalación  houbera que retrasar a reforma da rúa e non cortar as árbores, habería que facelo. A Plataforma Amigos das Árbores da Limia matiza estas declaracións.

Alternativas á tala das árbores da Avenida de Celanova.
Alternativas á tala das árbores da Avenida de Celanova.

A Plataforma Amigos das Árbores da Limia matiza as declaracións dun dos seus integrantes a este medio, afirmando que defenden "a necesidade e urxencia de realizar as obras na Avenida de Celanova, tan demandadas polos seus veciños". A plataforma afirma estar pedindo a modificación do proxecto, de xeito que "se fagan todas as obras previstas pero respectanto as árbores na súa totalidade".

Propoñen, xa que logo, "o desvío do tráfico pesado polas circunvalacións existentes para que non se vexan obrigados a atravesar zonas urbanas de Xinzo".

"O tempo necesario para facer esa reforma será mínimo se hai vontade de levalo a cabo e se as administracións actúan coa axilidade que corresponde ás súas competencias", conclúen.

Comentarios