martes 27/10/20

Sete anos de prisión para o veciño de Trasmiras acusado de agredir sexualmente a súa irmá

A muller con discapacidade foi atacada presuntamente cando o home estaba baixo os efectos do alcohol

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Un veciño de Trasmiras foi condenado pola Audiencia Provincial a sete anos de prisión por intentar violar a súa irmá, unha muller con discapacidade. Segundo reza a sentenza a este  agravante de parentesco uníuselle ademais o atenuante de embriaguez.

Ademais do cárcere a condena inclúe unha orde de afastamento de 300 metros de súa irmá e a prohibición de comunicarse con ela durante oito anos “por calquera medio ou procedemento”. Ademais, este limiao deberá pagar ata 3612,46 euros en indemnizacións en concepto de responsabilidade civil, lesións, danos morais e intereses a súa vítima e ao Sergas.

O xuízo celebrábase a semana pasada, e durante a vista o acusado aseguraba que a denuncia interposta por súa irmá era falsa, e que partía dunha vinganza por unha herdanza familiar.

Comentarios