miércoles 12/8/20

Antonio Pérez ao responsable de persoal: “É falso que os cartos das nóminas se destinaran ás obras das beirarrúas ou ao Museo do Entroido”

O rexedor limiao nega a ruína do Concello pero recoñece que non poden afrontar a totalidade dos pagos, por eso non os realizan

REDACCIÓN

 [email protected]

Ou para todos ou para ninguén. Esta é a máxima que rexeu a decisión de Antonio Pérez para non efectuar os pagos da nómina de decembro e da extraordinaria dos funcionarios do Concello. O alcalde negou na súa reunión co seu responsable de persoal esta mañá, que a situación económica sexa crítica pero recoñeceu que os pagos terán que esperar porque as arcas non teñen fondos abondo para saldar as débedas con todos os traballadores. A clave da pouca liquidez limiá estaría no Plan de Proveedores, e non na financiamento das obras das beirarrúas ou do Museo do Entroido tal e como desmentía Pérez esta mañá.

Comentarios