“Ao subir aquí, na autocaravana, non me don os brazos ,non me don as pernas, non me doe nada, síntome de marabilla

IMG_20190504_111128
“Ao subir aquí, na autocaravana, non me don os brazos ,non me don as pernas, non me doe nada, síntome de marabilla

A área de caravaning quedouse escasa

Esta mañá medio cento de caravanas aparcaron en Xinzo para botar o día visitando a vila e esta tarde trasladarse ata Cualedro para inaugurar unha pequena área ao lado da estación de servizo na que lle prestarán servizo de collida e desaugue de augas.

cats

Topámonos con Herminio e Lola, que forman parte dos case dous centos de caravanistas procedentes na súa maioría da provincia da Coruña, que estaban case estreando a súa nova caravana, a terceira xa que levan comprado. Esta última, a cal nos permitiron ver por dentro en compañía de Amparo e Consejo , non lle falta nada, aínda que o prezo tamén foi respetable, arredor de 70.000 €.

A pregunta de que fai que unha persoa ou unha parella se suba a unha caravana e se bote a rular polo mundo. A Lola faltáronlle segundos para contestar con contundencia : . Ao subir aquí, na caravana, non me don os brazos ,non me don as pernas, non me doe nada, síntome de marabilla, solo fun a un viaxe do INSERSO. Case todos os fins de semana estamos na estrada visitando tanto España como o reto de Europa.

Preguntados por si os servizos que lle presta a área de caravanas de Xinzo son suficientes, , todos responden que nada, está perfecta en un sitio moi ben localizado para en minutos estar no centro do pobo.

VISITA AO MUSEO E ÁS AREEIRAS

9

Mentres un grupo facía un percorrido acompañados pola representante do grupo autocaravaning de Xinzo, ata a zona do río, moi interesados pola lenda do esquecemento, outros en bicicleta foron visitar as areeiras, para xuntarse antes de comer para ver o Museo Galego do Entroido e despois participar nunha comida de fraternidade nun restaurante da vila.

IMG_20190504_110913