Arde unha casa en Faramontaos

2017062512173911753
Arde unha casa en Faramontaos

Os veciños afirman que o lume foi provocado.

Os veciños da aldea de Faramontaos, en Xinzo de Limia, chamaron aos servizos de extinción de incendios despois de ver propagarse un lume nunha vivenda deshabitada da localidade.

As mesmas fontes explican que as chamas "foron provocada". Segundo os veciños consultados, "plantaron o lume no galpón onde había cheas de palla e pasouse para a casa de á beira".

Desprazáronse ata o lugar tanto efectivos de Protección Civil como dos Bombeiros de Xinzo. As chamas quedaron extinguidas arredor das 3:30 horas da madrugada do sábado.