sábado 31/10/20

A asociación cultural Os Muíños acusa ao alcalde de Lobeira de “non facer nin deixar facer”

Este grupo de veciños reclama un local onde realizar as súas actividades que se lle nega desde o Concello REDACCIÓN [email protected] Os membros...
Concello Vello ou Casa da Cultura de Lobeira, edificio onde a asociación pide ter acceso a un local pois alegan que está baleiro. DIARIO DE LOBEIRA

Este grupo de veciños reclama un local onde realizar as súas actividades que se lle nega desde o Concello

REDACCIÓN

[email protected]

Os membros da Asociación Cultural Os Muíños do Fragoso non dispoñen dun local onde poder desenvolver as súas actividades. Segundo afirman, esta situación é froito da negativa do seu alcalde, o popular Emilio Higuero Cardoso a cederlles un espazo. Un líder do que aseguran que “é famoso polas súas prácticas caciquís, por conseguir poñerlle o seu propio nome á rúa principal da capital do municipio e por estar desaparecido nos últimos plenos”. Un dos representantes deste colectivo defende que esta actitude responde “á súa lóxica de non facer nin deixar facer”, negándolles o que eles entenden é o seu dereito, “a desfrutar dun local cando o Concello ten un edificio enteiro sen ningún uso”.

Novas actividades

A pesar de estar loitando aínda porque lles concedan un local, desde a Asociación Os Muíños do Fragoso continúan traballando na preparación de novas actividades as que calquera que o desexe pode unirse. Para máis información preme aquí.

A asociación cultural Os Muíños acusa ao alcalde de Lobeira de “non facer nin deixar...
Comentarios