A astronomía máis preto da xente da Limia co planetario didáctico instalado en Xinzo

planetario
A astronomía máis preto da xente da Limia co planetario didáctico instalado en Xinzo

O planeta móbil pode visitarse ata o 15 de xullo e é de balde

A Casa da Cultura de Xinzo de Limia alberga un planetario didáctico para que todas aquelas persoas que o desexen poidan aprender algo máis de astronomía e bioloxía.

O planeta móbil pode visitarse ata o vindeiro 15 de xullo. Os horarios de apertura son de 10h a 14h e de 17h a 21h.

O espazo ten capadidade para 20 persoas e contén proxeccións preparadas para todos os públicos. A actividade é de balde.