miércoles 30/9/20

Aumentan a catro os casos de intento de roubo en Xinzo polo "método do abrazo"

vellos

    A vila de Xinzo estase convertendo na zona elexida polos ladróns para levar a cabo os seus intentos de roubo. Onte saía á luz o caso de Luis García, un veciño de Trasmiras ó que intentaron asaltar tres ocupantes dun vehículo escuro á altura do parque da Alameda. 

Os presuntos ladróns puxeron en práctica o que a Garda Civil denomina como "método do abrazo", un sistema de roubo polo cal persoas de fala estranxeria se achegan principalmente á xente maior coa intención de preguntarlle por algo, momento que aproveitan para cometer o asalto e subtraer sobre todo xoias e carteiras.

Días antes aconteceulle un caso semellante a unha muller que se atopaba na zona da residencia da terceira idade a carón do río de Xinzo. Unhas persoas tamén de fala estranxeria achegáronselle para preguntarlle por algo e nise intre trataron de asaltala. O mesmo lle sucedeu a dúas veciñas da zona do polígono e outra que reside na zona do barrio de abaixo. 

Os veciños e veciñas da Limia reclaman máis vixilancia nas rúas para frear a actividade dos ladróns que actúan a calquera hora do día. 

 

Comentarios