domingo 27/9/20

Bailando por unha moi boa causa

A academia Danzón organiza un maratón de zumba para recadar fondos en favor de Limisi REDACCIÓN [email protected] “Ata que o corpo aguante” será...
Limisi
Limisi

A academia Danzón organiza un maratón de zumba para recadar fondos en favor de Limisi

REDACCIÓN [email protected]

“Ata que o corpo aguante” será a máxima do evento que a academia de baile Danzón prepara para este domingo 22 de decembro en favor de Limisi. Un maratón de zumba, que contará ademais cunha exhibición de luxo, a dos mellores bailaríns de salsa de Galicia, José e Rosi. Esta iniciativa xorde das necesidades que está atravesando esta asociación de apoio aos discapacitados intelectuais, que desde o comezo da crise viu sensiblemente minguadas as achegas que a fan posible.

 O próximo domingo, todos aqueles que queiran acercarse ata o Pavillón de Deportes de Xinzo poderán ademais de bailar ata rebentar, colaborar de moi diversas maneiras con Limisi. Estarán á venda bocadillos, chocolate con churros, camisetas do evento, rifas para unha cesta de Nadal, produtos todos estes doados por empresas locais que queren poñer o seu gran de area na grande montaña que xa supón esta asociación. Ademais todos os amantes dos xa tradicionais produtos que eles elaboran artesanalmente están de sorte, pois ademais de poder mercalos optarán a gañar un lote de viños, queixos e xamón con cada compra que realicen.

 Un euro por cada bailarín

Por cada persoa que decida acompañar a Limisi nesta iniacitiva, NovaGalicia Banco doará un euro e non queda aí a cousa, a bailarina que máis aguante na pista gañará un tratamento de unllas de xel.  Valo perder?

Comentarios