A Banda de Gaitas B de Xinzo de Limia acada o terceiro posto na final da liga galega

gaitas
A Banda de Gaitas B de Xinzo de Limia acada o terceiro posto na final da liga galega

O triunfo produciuse no día de onte en Carballiño

O Carballiño acolleu no día de onte a final da 25 edición da Liga Galega de Bandas de Gaitas . A cita foi na praza de Veracruz onde se reuniron 20 grupos con miles de gaiteiros e moito público.

A Escola Municipal de Gaitas e Percusión B de Xinzo acadou o terceiro posto na segunda categoría cunha magnífica actuación que causou estupor entre os asistentes. No primeiro posto quedou a banda de Vilario de Conso e no segundo posto a Escola de Gaitas Provincial Pontevedra-Sede Pontevedra.

Na máxima categoría fíxosa coa victoria Ledicia Fornelo de Montes e no terceiro grao gañou Tremiñao.