miércoles 3/3/21
As infraccións graves podensancionarse dende os 3.000 aos 60.000 €

Bando da alcaldía recordando as normas restrictivas existentes de cara aos días do Entroido e as súas posibles sancións

Non se pode estar en grupos de persoas, que NON sexan  conviventes, en espazos de uso público e de uso privado, agás en determinados supostos excepcionais e xustificados.

Elvira Lama
Elvira Lama

No concello de Xinzo de Limia estamos en datas nas que en condicións normais se tería que celebrar o ciclo festivo do Entroido, e que todos e todas votamos de menos, pero a situación sanitaria non permite as reunións fago saber que : As forzas e corpos de seguridade vixiaran estreitamente ambas limitacións para que non se produzan reunións de NON CONVIVINTES en espazos tanto públicos como privados, procedendo a sancionar os incumprimentos da normativa vixente.

· Solicitase a colaboración da veciñanza, no cumprimento das medidas vixentes, para lograr o obxectivo final de rebaixar o numero de casos activos.

· Solicitase a colaboración da veciñanza para por en coñecemento das autoridades competentes as posibles infraccións que se puideran cometer, si se sospeita de reunións ilegais, entre non conviventes.

 · Advertindo das sancións tanto para as persoas reunidas, como para os propietarios de locais. Neste eido, recórdase que a Lei 33/2011, de 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública sanciona as infraccións graves con contías de 3.001 ata 60.000 euros e as moi graves con contías de 60.001 ata 600.000 euros, sen prexuízo de que en determinados casos puidera chegarse tamén a cometer infraccións tipificadas na Lei Orgánica 4/2015 de 30 de marzo,de Protección de Seguridade Cidadá.

BANDO

Bando da alcaldía recordando as normas restrictivas existentes de cara aos días do...