lunes 30/11/20
Permanecerán pechadas varias rúas da vila.

Bando informativo polo paso da volta ciclista a España por Xinzo

Pasarán pola vila dende as 13:15 ata as 14:30 .Aprox.do próximo xoves día 5

img2.rtve.es
img2.rtve.es

A Policía Local acaba de comunicar que a 15 etapa da  Volta Ciclista a España  pasará por Xinzo o próximo xoves 5 de outubro, tendo que pecharse varias rúas polo paso da mesma.

Paso volta ciclista a España por Xinzo

Avenida de Celanova, Avda. de Ourense e de Madrid e Porto alto, ata saír do noso Concello. Estas estradas e rúas permanecerán pechadas dende antes das 13:15, hora prevista para que pasen os primeiros corredores ata as 14:30 hora prevista de fin do paso pola vila.

Por este motivo a Policía Local fai unhas recomendacións:

1.- Evitar desprazamentos neste período de tempo, e de ter que facelo, deberán levalos a cabo por vías alternativas.

2.- Si se teñen que desprazar, deixar os vehículos fora dos garaxes en rúas que non vaian a estar afectadas polos peches.

3.- Prestar moita atención aos animais soltos que poidan ocasionar accidentes no paso da Volta. Os seus propietarios deberán ter especial atención con eles, coidando non accedan ás estradas por onde descorre o evento.

E por último por mor da situación sanitaria pola Covid-19, recoméndase á cidadanía que non acuda a ver o paso dos ciclistas para evitar aglomeracións. No caso de querer asistir, lémbrase que non poderán formarse grupos de máis de 5 persoas e gardando a distancia mínima.