lunes 09.12.2019

Borche de ouro e violeta con Rosa Cedrón

Remataron onte os actos da campaña XINZO EN MARCHA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Rosa Cedrón en Xinzo
Rosa Cedrón en Xinzo

Rosa Cedrón subiuse ao escenario do auditorio da Casa da Cultura de Xinzo para, coa súa presenza e coas súas cancións apoiar a loita que se está a levar a cabo contra a violencia de xénero.

8

Rosa Cedrón interpretou varias cancións dos seus discos Nada que perder, Entre dous mares, así como algún tema con letras de Rosalía de Castro quen de seguro manifestou a alcaldesa que estivo acompañada de varios membros do seu goberno “sería unha loitadora polos dereitos das mulleres si vivira hoxe, porque foi unha adiantada no seu tempo”

Rosa fixo mención a loita das mulleres, a causa feminista e a Igualdade.

6

Muller e cantante comprometida na loita contra a Violencia de Xénero, foi unha ledicia escoitar a súa voz en Xinzo por unha boa causa. Manifestou Elvira Lama ao finalizar .

actos organizados dende o Concello de Xinzo espallados no mes de novembro.

Borche de ouro e violeta con Rosa Cedrón