martes 27/10/20

A cabalo entre Montreal e a Limia

Así se sinte a nosa nova colaboradora María José Fernández Estévez, que nos envía as súas experiencias desde o Canadá REDACCIÓN Sen...
María José Estevez

Así se sinte a nosa nova colaboradora María José Fernández Estévez, que nos envía as súas experiencias desde o Canadá

REDACCIÓN

Sen ningunha dúbida estes días estamos de noraboa en Dende A Limia, onde as colaboracións non paran de medrar e medrar, axudándonos a cumprir o noso soño de converternos nun medio plural e diverso, cheo de moi distintas opinións e experiencias, coas terras do río Limia como único fío condutor.

A nosa máis recente fichaxe é María José Fernández Estévez, nacida en Montreal a finais dos anos 60. Filla de limiaos, con catro anos regresa a Sandiás, onde seu pai rexentaba por aquel entonces a fábrica de gaseosas “La Sandianesa” cos seus irmáns.

A aventura galega non durou moito, e con 17 anos María José e a súa familia retornaron ao Canadá. Alí estudou Turismo Internacional, diplomándose no Lasalle College de Montreal en 1988. A súa traxectoria profesional estivo ligada ao mundo do turismo durante 15 anos, e desde hai sete, traballa como analista de control de calidade nunha compañía de software. Ten dous fillos que coma ela teñen a dobre nacionalidade, e fala catro idiomas.

Por se todo iso fose pouco, ademais de ampliar a súas afeccións á colaborar con Dende A Limia, a María José encántalle a música, o ganchillo e o tiro con escopeta ou pistola.

 Para ler o seu primeiro artigo, preme aquí.

Comentarios