martes 4/8/20

Calvos de Randín e a fundación Lois Peña homenaxean a Luís Soto

Este persoeiro compartirá un monumento con Tourém pola acollida aos fuxidos galegos durante a Guerra Civil REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia Luís Soto naceu na...
invita-tourem
invita-tourem

Este persoeiro compartirá un monumento con Tourém pola acollida aos fuxidos galegos durante a Guerra Civil

REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia

Luís Soto naceu na Bola a principios do século pasado. Foi xornalista e político republicano de esquerdas, polo que o contexto da Guerra Civil obrigouno a vivir no exilio, pasando a Portugal pola vila de Tourém. A historia de Luís foi a de moitos outros galegos, e o próximo día 15 a fundación Lois Peña e o concello de Calvos de Randín buscan honralos. Para elo descubrirase un monumento dedicado a Soto e ao propio pobo de Tourém, pola súa acollida aos republicanos galegos fuxidos durante a guerra. O acto celebrarase na fregresía de Montalegre ás 12:30 horas do mediodía.

Tras o acto institucional celebrarase un xantar aberto a todos os que a el desexen asistir, o único requisito será comunicalo antes do día 13 no correo electrónico [email protected].

Comentarios