jueves 1/10/20

Os cativos de Xinzo non madrugaron

Os membros de Protección Civil andaron ata as 12:30 a “caza” dos valentes

Dúas dotacións de Protección Civil de Xinzo, cargados con bolsas de mascarillas cedidas polo Concello, que se fixeron na cadea solidaria durante todas estas semanas, erguéronse cedo para a partir da hora autorizada para a saída dos máis pequenos da casa.

Xunto cun dos coches  percorremos as rúas ás 11:30 pensando que as rúas de Xinzo e os parques, lugares autorizados, estarían “cheos” de cativos e todo o contrario. No percorrido que podedes ver, tan solo atopamos catro ou cinco pais acompañando aos mais pequenos no primeiro paseo autorizado despois de 43 días de confinamento.

Cara as dúas da tarde xa eran máis, sen chegar ao número que o Concello estimaba para este primeiro día.

Pola tarde as rúas mantiñan a mesma imaxe da mañá, con poucos nenos andando polas rúas.