viernes 17/9/21

O Centro de día de Xinzo en mal estado, según o PSOE

O PSOE DE XINZO PIDE QUE SE REVISEN E SE REPAREN CON URXENCIA AS INSTALACIÓNS DO CENTRO DE DIA Según a...
Elvira lama

O PSOE DE XINZO PIDE QUE SE REVISEN E SE REPAREN CON URXENCIA AS INSTALACIÓNS DO CENTRO DE DIA

Según a portavoz Elvira Lama , o deterioro das instalacións pon en grave risco a saúde de usuarios e traballadores do centro de día e impide facer determinadas actividades.

Xinzo de Limia a 4 de setembro de 2014: Elvira Lama Fernández, portavoz do Grupo Municipal Socialista, que ven de rexistrar escrito reclamando do Alcalde as actuacións necesarias, di que “son insistentes as queixas dos familiares dos usuarios do Centro de Día de Xinzo, cada día veñen con novas queixas do que esta a acontecer nas instalacións, e precisan que os traballadores do centro están molestos porque ninguén parece facer caso”.

Os socialistas demandan do Alcalde que, a través da Consellería de Servizos sociais se interese por saber que esta pasando no Centro de día, que informen os técnicos do mencionado servizo e que se poñan en contacto co Consorcio Galego de Benestar de quen depende o Centro, para que de inmediato proceda a súa reparación, e se restitúan tódalas actividades habituais do mencionado centro.

Un servizo que esta sendo utilizado por numerosas familias,necesitadas de poder deixar atendidas a persoas dependentes mentres acoden a traballar, ou para dar un respiro a moitos que están necesitadas de descansar nos coidados diarios e de 24 horas e 365 días a familiares que xa non poden atenderse por si.

Lama di que, “un servizo municipal que, aínda que non este xestionado directamente, debe ser unha prioridade para o grupo de goberno de Xinzo, saber como funciona e as carencias que ten, para poder paliar con celeridade, os problemas e incomodidades que poda causar, as humidades as goteiras o calquera outra deficiencia”.” “Dentro chove como fora, e a xente pode esbarrar caer e mancarse, manifestan os familiares”.