lunes 30/11/20

Chegou a máquina reparadora de pistas de concentración comprada pola Asoc. de Pataca da Limia

A asociación recibiu 90.000 € de subvención da Deputación Provincial para a compra

 

Rosendo Fernandez, acompañado de membros da asoc.pataca da Limia

Na tarde de onte, desprazouse ata Xinzo o Vicepresidente da Deputación , Rosendo Fernandez para comprobar “in situ” o funcionamento da máquina que no seu día lle solicitou  a asociación de produtores de pataca da Limia para arranxar as pistas de terra, polas que teñen que transitar  para o seu traballo centos de agricultores a diario.

Acompañaron ao Vicepresidente representantes da asociación, entre os que se atopaba

RASPA, ACHANDA  E PISAIMG_20201113_173532

A característica especial desta máquina que vai tirada por un tractor e que nunha mesma pasada pola pista, de terra, raspa un par de centímetros da mesma, achanda esa mesma terra e despois pisa.

A velocidade que alcanza facendo os tres traballos a vez é de 6 Km/h, polo que facendo as dúas pasadas fai 3 Km de pista cada hora.

Así mesmo leva outro artefacto no lateral para na primavera ir cortando todas herbas das cunetas.

Julio M. Montero  agricultor de Porqueira e membro da asociación explicou que con esta máquina espera que durante a campaña do ano que ven, esté solucionado o problema das pistas de terra de concentración da Limia

CONVENIO COS CONCELLOS

O seguinte paso e firmar un convenio cos distintos concellos da Limia, sigue explicando Julio, para que sexan eles con operarios municipais os que se encarguen desta labor.

AGRADECEMENTO A DEPUTACIÓN

Amador Díaz, presidente da asociación agradeceu a presencia do Vicepresidente, posto que a axenda do Presidente lle impedía vir a Xinzo e tamén quere agradecer publicamente a aportación económica que fixo a Deputación, se a cal, non poderían adquirir esta máquina, a cal esperan quitarlle unha gran rendavilidade no arranxo  das pistas.

Chegou a máquina reparadora de pistas de concentración comprada pola Asoc. de Pataca da...