jueves 15/4/21

A CIG, rompe as negociacións co concello de Xinzo

Impugnará no xulgado os presupostos 2021

casa concello noite

Segundo manifestou a dendealimia o representante do sindicato no concello de Xinzo entenden que a proposta feita polo concello dunha suba do 0,9%, témola que entender como unha tomadura de pelo.

NON PEDIMOS SUBIDA SALARIAL

Temos que aclarar, continúa dicindo o representante da GIG, sindicato maioritario entre o persoal laboral, o 80% do persoal do concello,  nos non pedimos subida salarial. O 0,9% é o que legalmente teñen que subir, posto que é unha norma estatal.

Nos o que solicitamos é cumprir cos acordos da Xunta de comezar coas Categorías Profesionais, para o que neste ano teñen que reservar unha partida nos orzamentos deste ano, para comezar coa homologación das categorías.

NESTE MOMENTO AS NEGOCIACIÓNS ESTÁN ROTAS

Remata dicindo o representante da CIG, que nestes momentos as negociacións que poidera haber, están rotas, co que a decisión que se tomou e seguir no xa anunciado de denunciar os orzamentos no xulgado, para a súa impugnación.