jueves 02.07.2020

O Cine Gesma de Xinzo de Limia estrea este venres a película 9 ondas

Xinzo de Limia é unha das localizacións emblemáticas que aparecen no filme de Simone Saibene REDACCIÓN O Cine Gesma de Xinzo de...
9olas fotograma1 Antela
9olas fotograma1 Antela

Xinzo de Limia é unha das localizacións emblemáticas que aparecen no filme de Simone Saibene

REDACCIÓN

O Cine Gesma de Xinzo de Limia acolle este venres, día 8 de novembro, a estrea de 9 ondas, unha película independente escrita e dirixida polo cineasta italo-ourensano Simone Saibene. A proxección será ás 17.00 horas e contará coas intervencións do propio Simone Saibene, así como do compositor Álex Álvarez, autor da banda sonora do filme, qué tocará en directo unhas pezas antes e despois da proxección. A película estreouse o martes pasado no Cinebox de Ourense.

9 ondas é o primeiro longametraxe de Simone Saibene. O argumento comeza nalgún punto da fronteira entre Galicia e Portugal, lugar no que un home esquece todos os seus recordos ao beber auga dunha fonte. O protagonista comeza así un camiño cara a súa verdadeira identidade.

 A película ten unha duración total de 96 minutos. Sobre o seu contido, Simone Saibene sinala que a súa proposta non é un cine homologado, "cheo de fogos artificiais, onde todo cadra perfectamente e o espectador é incapaz de ter pensamentos ou imaxinacións propias". Moi ao contrario, 9 ondas, "é unha película que ten un guión aberto. Que estimula á reflexión de tal modo que cada espectador poderá construír a súa propia película". O cineasta asegura tamén que o que atopará o espectador que se achegue á sala para ver este filme "é unha película vital, un canto á vida. Atoparase diante dun acto de liberdade algo que, a día de hoxe, se cadra é algo que se precisa máis que outra cousa".

No reparto de actores, que conta tamén con actores non profesionais, destacan o italiano Dario Merlini, as actrices galegas María Tasende e Isabel Risco e o actor ourensán Miguel Manzano.

A Limia como un dos escenarios da rodaxe

A película rodouse en localizacións de Ourense, O Couto Mixto e Pontevedra. Un dos lugares máis emblemáticos que aparecen no filme é a Limia: a Lagoa de Antela, o Río Limia e o Café Rudi, situado na Praza Maior de Xinzo, foron os escenarios escollidos por Saibene para ambientar a historia. Pero, ademais, en 9 ondas participan tamén veciños da comarca e socios da Festa do Esquecemento.

A película ocupará a carteleira do Cine Gesma do día 8 ao 14 de novembro con varios pases:

 Vernes, 8 de novembro: 17.00 horas.

Sábado, 9 e domingo, 10 de novembro: 12.00 e 17.00 horas.

Lunes, 11; martes, 12; mércores, 13 e xoves, 14 de novembro: 21.00 horas.

Os pases do venres; da tarde do domingo e do xoves contarán coas intervencións do director e do autor da banda sonora do filme, así como doutros membros do equipo.

 A propietaria do Cine Gesma, María Alonso, apostou por proxectar esta longametraxe independente. “Estou moi contenta de estrear un filme ambientado na miña terra”, e engade: “Quero dar a oportunidade de coñecer aquelas aldeas que pertencen á Limia, onde se mostran a as súas paisaxes e a súa xente”.

 Un dos primeiros éxitos de crowfunding en España

A película 9 olas é coñecida por ser un dos primeiros e máis populares éxitos de crowfunding en España. O proxecto naceu en setembro do ano 2011 en Elcercano.com de Ourense e ao longo de seis meses conseguiu sumar un total de 239 persoas físicas que aportaron máis de 22.000 €.

Outras salas confirmadas son o Cinebox de Ourense (proxeccións todos os martes de novembro), Odeón Multicine de Narón, onde a película estará a partir do día 15 de novembro e o CGAI da Coruña (14 de decembro).

Comentarios