jueves 27.02.2020

Colisión frontolateral de dúas furgonetas mixtas na estrada que vai a Sarreaus

Tres persoas feridas leves trasladadas ao CHUO en ambulancia medicalizada
Colisión frontolateral de dúas furgonetas mixtas na estrada que vai a Sarreaus

Ás 11,35 horas de hoxe, na intersección formada por dúas estradas locais no núcleo de poboación de Cortegada de Sarreaus (Ourense), produciuse unha colisión frontolateral entre dúas furgonetas mixtas, unha Citroen Berlingo e unha Citroen Jampy, resultando feridas leves 3 persoas (o condutor e único ocupante da Jumpy; condutor e acompañante da Berlingo).

IMG-20200127-WA0009

O equipo de atestados do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín, atópase investigando as causas que puideron concorrer no sinistro, pero todo parece indicar que un dos vehículos interpúxose na traxectoria do outro.

Para atender este sinistro foi preciso mobilizar: Unha patrulla de motoristas do Destacamento de Tráfico de Verin . Un equipo de atestados. O Servizo de Protección Civil de Sarreaus.

Colisión frontolateral de dúas furgonetas mixtas na estrada que vai a Sarreaus