jueves 15/4/21
SOS dos pataqueiros da Limia a Xunta

A colleita 2021 podería estragarse ao non poder almacenala

Reunión urxente da asociación co Delegado da Xunta en Ourense
PATAQUEIROS 1

En tan solo 24 horas, representantes da Asociación de produtores de pataca da Limia encabezados polo seu presidente Amador Díaz, foron recibidos polo Delegado da Xunta en Ourense Gabriel Alen, ante a petición urxente dos pataqueiros.

SOLICITAN QUE SE AUTORICE O USO DO “DMN”

IMG_20210312_200230Na entrevista informaron da situación na que quedarían os agricultores e unha parte dos máis de 120 millóns de quilos de patacas que se recollen por campaña na Limia, posto que este produto que se produce no norte de España, a diferencia do sul, ten necesidade de ser almacenada para a súa venda ata case a nova colleita.

Para este almacenamento, e para evitar os gromos ata agora utilizábase un produto que a Unión Europea prohibe a partir deste mesmo ano.

O almacenamento sen o emprego de produtos antixermolantes é a día de hoxe inviable (Amador Díaz)

A conservación en cámaras a temperatura de 4ºC, é inviable, tanto a nivel económico como a nivel técnico. Recordan que a pataca da Limia, case nun 60/70% vai dedicada a frito, e as empresas esixen que estas non baixen dos 8º no seu almacenamento.

EMPREGO DE ACEITE DE MENTA E ETILENO

Un dos produtos autorizados é o tratamento con aceite de menta, pero outra vez é inviable, posto que volve a ter problemas para o frito. Outro dos produtos autorizados é a aplicación de etileno, tratamento caro e que necesita almacéns estancos con sistemas de re circulación moi tonificados, polo que tampouco sería economicamente factible.

SOLUCIÓN, O EMPREGO DE DMN

Continúa declarando Amador Díaz que a única solución é que a Xunta de Galicia autorice a utilización do 1,4-dimetilnaftaleno (DMN).

O DMN é un composto presente naturalmente nas patacas que inhibe a súa xermolación, reducindo a respiración do tubérculo e prolongando a súa dormancia. Nos ensaios, consigue reducir de xeito aceptable os problemas de xermolación interna, diminúe as mermas de peso e consegue manter a pataca nun estado óptimo de calidade.

En Bélxica Holanda e Francia xa está autorizado

En varios países da comunidade xa está autorizado e en Cataluña, Pais Vasco e na zona centro e Norte, están apunto de ser autorizado, continúa dicindo Amador, e nesta primeira reunión, que agradecen ao Delegado, que os recibira en tan solo 24 horas da súa petición, solicitáronlle  unha reunión con responsábeis de sanidade vexetal da Consellería de Medio Rural para recibir asesoramento sobre a idoneidade, procedemento e fundamentación legal e técnica para solicitar para a comarca da Limia unha autorización excepcional para o uso do DMN

Comentarios