Comeza a 15ª Edición de Xantar que dedicará un día e unha noite ao Entroido

Rogelio Martínez, Agustín Fernández, Ovidio Fernández e Alejandro Rubín na presentación de Xantar o pasado luns. DAL
Comeza a 15ª Edición de Xantar que dedicará un día e unha noite ao Entroido

As Pantallas visitarán esta feira que ademais oferta varios menús con pataca da Limia REDACCIÓN redac@dendealimia.com Este mediodía inaugúrase a que será a...

As Pantallas visitarán esta feira que ademais oferta varios menús con pataca da Limia

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Este mediodía inaugúrase a que será a 15ª edición de Xantar, o Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebrará en Expourense do 5 ao 9 de febreiro. Esta feira consolídase así como una plataforma de promoción do país a través dun dos seus maiores atractivos, a gastronomía. Este ano, Xantar dedicaralle varias das súas actividades ao Entroido, cun día e unha noite os próximos 7 e 8 de febreiro, centrados nesta temática. A visita das Pantallas e Troteiros, un taller de gastronomía de Entroido impartido polo Grupo Nove e sorteos entre aqueles que visiten disfrazados o salón, serán as actividades preparadas para honrar desde Xantar, unha festa tan importante na nosa provincia.

A edición de 2014 presentábase o luns na delegación territorial da Xunta de Galicia nunha roda de prensa na que estiveron presentes Rogelio Martínez, delegado do goberno autonómico, Agustín Fernández, alcalde de Ourense, Ovidio Fernández, presidente da Federación de Empresarios de Hostalería e Alejandro Rubín, director de Xantar. Nesta primeira introdución desvelouse que Cuba será o país invitado, promocionando a súa gastronomía, turismo e artesanía. Ademais, tamén participará Asturias como comunidade invitada.

A pataca da Limia

Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, convocará en Expourense esta semana a 179 expositores que ocuparán 12.000 metros cadrados de superficie e entre los que destacan 18 restaurantes que ofrecerán 32 menús con prezos comprendidos entre os 12 e os 30 euros, baseados nos produtos autóctonos e de calidade de cada rexión. Precisamente e dentro do posto organizado polo INORDE, que proporá unha visita polas estacións de tren da provincia que está a rehabilitar para darlles un uso turístico, destaca a Estación de Vilar de Barrio que ofrece pataca da Limia guisada con luras da Ría así como a sobremesa proposta a base de torta de pataca da Limia con crema de castañas.