jueves 02.07.2020

Comezan na Limia melloras en estradas e infraestruturas

A primeira delas acometerase este mesmo luns na estrada N-525 REDACCIÓN A partir deste mesmo luns e ata case 2016 levaranse a...
Estación Autobuses Xinzo de Limia
Estación Autobuses Xinzo de Limia

A primeira delas acometerase este mesmo luns na estrada N-525

REDACCIÓN

A partir deste mesmo luns e ata case 2016 levaranse a cabo unha serie de medidas destinadas á mellora das comunicación limiás, tanto a nivel de estradas como de infraestruturas relacionadas co transporte, como é o caso da estación de autobuses de Xinzo de Limia. As obras comezarán este mesmo luns día 19, ca mellora do pavimento da estrada nacional 525, tramo no que se restrinxirá o aparcamento durante toda a xornada.

Os seguintes traballos terán un prazo máximo de execución de seis meses e afectarán a estrada que une Xinzo e A Cortegada, a OU-531 a altura do municipio de Rairiz de Veiga. A Xunta de Galicia por medio da licitación emitida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destinará 499.103 euros á mellora das distintas estradas autonómicas ourensás. E entre elas, a reparación, rehabilitación e reforzo do tramo comprendido entre o punto quilométrico 14-200 e o 15+700 da OU-531, debido ao mal estado do firme.

Lavado de cara para a estación de Xinzo

E para despois do verán, tocaralle a quenda á estación de autobuses de Xinzo. A Xunta planificou actuacións de mellora en 37 estacións de autobuses galegas, a acometer entre o final do verán e 2016. As obras centraranse na optimización da calidade das instalacións cos arranxos precisos en cubertas, paramentos, patios de manobra, etc; segundo as características e problemáticas de cada estación. Así mesmo, a mellora da información aos usuarios tanto na propia estación coma nas rutas será outro dos obxectivos que se aborde neste plan, que ten un orzamento para toda Galicia de preto de 1,6 millóns de euros.

 

Comentarios