domingo 9/8/20

Comezaron a limpar as beiras do Limia ao paso por Xinzo

A Confederación hidrográfica é a encargada  dos traballos

O Concello alerta dos riscos que pode haber polos viais parellos ao río

IMG-20191218-WA0018
IMG-20191218-WA0018

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil comezou hoxe a limpeza e desbroce das beiras do río Limia ao seu paso pola nosa vila. Dende o Concello queren avisar a todos os veciños e veciñas que vaian a transitar polas pistas ao longo do río para que extremen a precaución non solo pola maquinaria, se non porque a última hora poden quedar algunhas ramas sen recoller.

ALERTA POLA CRECIDA DO RÍO E CANLES

IMG-20191218-WA0019

Tamén dende a concellería de Medio rural queren alertar aos cidadáns que se continúan as chuvias , como está previsto, se teña a máxima precaución, sobre todo as vivendas, granxas e calquera outra edificación a carón do río Limia ou dos regatos porque, segundo avisan da propia Confederación poden desbordarse.

As concellerías responsables avisan que presten atención as redes sociais por si fose necesario avisar de calquera situación grave.