Comprar en Xinzo ten premio

As túas compras teñen premio Xinzo
Comprar en Xinzo ten premio
As tendas limiás buscan incentivar o pequeno comercio local mediante unha campaña organizada pola Federación Galega de Comercio REDACCIÓN Do 16 ao...

As tendas limiás buscan incentivar o pequeno comercio local mediante unha campaña organizada pola Federación Galega de Comercio

REDACCIÓN

Do 16 ao 26 de setembro garda tódolos tíckets do que merques no comercio local da vila, porque este pequeno pode facer que gañes tarxetas regalo de ata 200 euros. Celébrase en Xinzo a sexta edición da campaña “As compras na túa vila teñen premio”, na que colaboran a Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio de Ourense e a Asociación de Empresarios de Xinzo de Limia. Os presidentes destas tres asociacións, José María Seijas, Aurelio Gómez e José Antonio Casal, presentaban onte a maña na Praza Maior de Xinzo esta iniciativa. De voceiro actuou Casal, quen tamén contou ca compañía do rexedor limiao, Antonio Pérez. Unha clara aposta do concello e os empresarios pola dinamización do consumo e o apoio ao pequeno comercio.

O sistema é sinxelo, cada vez que se realice unha compra en calquera establecemento do pequeno comercio limiao, débese entregar o tícket na carpa instalada pola Federación Gallega na Praza. Así, ata o próximo xoves 26 de setembro cando terá lugar o sorteo final que virá acompañado dunha festa con actuacións, pasarrúas, zancudos e malabaristas. Os premios aos que optan os consumidores están valorados en 2.000 euros, serán tres tarxetas regalo de 200 euros, e 14 por valor de 100 euros.