martes 24/11/20

O Concello activa o plan de mellora de acesos aos pobos empezando por Pidre, Boado e Piñeira Seca

As obras afectaron aos viarios de entrada e saída dos tres núcleos e a unque enlaza a OU-1105 coa N-525, moi utilizado para carga e descarga de patacas

WhatsApp Image 2020-05-27 at 18.42.30 (3)

Os preto de 350 veciños dos pobos de Boado, Pidre e Piñeira Seca xa gozan dos renovados accesos viarios a cada un destes núcleos desde a estrada que une Xinzo con Sarreaus, unha actuación decidida polo Concello de Xinzo e financiada con cargo a unha subvención de 45.700 euros da Deputación de Ourense.

Os traballos de mellora e acondicionamento tamén incluíron a pista que vai dende a OU-1105, Xinzo-Sarreaus, ata a N-525, moi utilizada tamén por vehículos agrícolas para a carga de descarga de patacas nos almacéns da zona.

WhatsApp Image 2020-05-27 at 18.42.30 (1)

En total, foron preto de 3,5 os quilómetros de vías rurais renovados cunha actuación que consistiu na reparación das fochancas da estrada e a mellora da capa de rodadura.

Con esta obra arranca o plan de mellora e acondicionamento de acesos a todos os pobos de Xinzo, que conta con 20 parroquias e 32 núcleos de poboación.

A alcaldesa, Elvira Lama, e os concellas de Medio Rural, Amador Díaz, e Obras, Ramón Gómez, visitaron as obras unha vez rematadas para comprobar o resultado das mesmas.