O concello agarda que o Festival Fax sexa "un éxito"

fax
O concello agarda que o Festival Fax sexa "un éxito"

Este sábado, 5 de agosto, terá lugar o Festival Fax na Alameda do Toural.

Este sábado, 5 de agosto, terá lugar o Festival Fax na Alameda do Toural de Xinzo de Limia. A cantante galega Sés compartirá escenario con "Eladio y los seres queridos" ou con Conhadeiras e Habitación Vudú.

Será un evento musical sen precedentes na vila limiá. Neste senso o alcalde da localidade manifestou que agarde que sexa un "éxito rotundo" pois é "un evento moi atractivo e moi importante para a vila, a comarca e a provincia". Así mesmo, comentou a súa intención de consolidalo "se a xente responde" pois se é un "fracaso" non se pode soster polos gastos que ocasiona. Concluíu afirmando que a escolla da data foi "un acerto" porque "non hai outros grandes eventos na provincia e a xente está regresando das vacacións".