lunes 30.03.2020
NOTA DE PRENSA DO CONCELLO

O Concello estuda fórmulas para paralizar a emisión e cobro de impostos municipais

Primeira reunión da Comisión de Seguimento.

Foto constitución da comisión (Arquivo)
Foto constitución da comisión (Arquivo)

Hoxe tivo lugar  a segunda reunión da Comisión de Seguimento do Covid-19, da que forma parte o goberno local, o  xefe da Policía Local o responsables de Protección Civil, a secretaría municipal e os grupos da oposición, que foron invitados a participar.

Ademais de dar conta das preto de 30 medidas postas en marcha dende o Concello para previr a propagación do virus en Xinzo, aprobáronse as seguintes decisións:

- Publicar un bando onde se recomende a veciñanza proceder a limpeza das entradas e patios das vivendas unifamiliares con auga e lixivia.

- Repetir o operativo de desinfección con tractores nos lugares de máis tránsito na periodicidade que indique a Subdelegación, atendendo as recomendacións sanitarias

- Estudar, xunto coa Deputación Provincial, a posibilidade de paralizar a emisión e cobro dos recibos dos impostos cuxa recadación está delegada nese organismo.

Asemade, os membros da Comisión deixaron constancia do agradecemento pola axuda inestimable prestada polos agricultores, así como por outras entidades privadas e particulares mediante a doazón de guantes, mascarillas, ofrecemento de alimentación e outras moitas mostras de solidariedade.