O CONCELLO DE XINZO DENUNCIA O VECIÑO QUE AGREDIU OS AXENTES DA GUARDIA CIVIL

Casa_do_concello,_Xinzo_de_Limia,_Ourense_12
O CONCELLO DE XINZO DENUNCIA O VECIÑO QUE AGREDIU OS AXENTES DA GUARDIA CIVIL

O imputado, D.S.R está acusado dun presunto delito leve de danos, un delito leve de lesións e un delito de atentado, previstos e penados polo Código Penal.

As Dilixencias Previas incoaronse en virtude de denuncia, presentada polos axentes da Garda Civil en Xinzo, pondo en manifesto que o día 26 de maio deste ano procedeuse a detención do implicado, sendo que antes da detención instarono a acompañalos ás dependencias policiais. O detido agrediu con un cabezado ó axente, causándolle lesións consistentes nunha contusión na rexión suprafacial esquerda e equimosos no exterior do ollo esquerdo.

Durante a detención, ante a negativa de acudir voluntariamente, D.S.R resistiuse aos axentes con un cutter, o cal lle foi retirado unha vez reducido. Posteriormente comprobouse que ca folla dañara a manga esquerda do anorak e as luvas anticorte dun dos axentes. A estes danos tamén se lle suman outros causados no coche oficial e no pantalón do uniforme do axente, valorando os danos causados na cantidade de 885,72€.

D.S.R pronunciouse na súa declaración na sede xudicial que o dia dos feitos estaba drogado e que non recordaba nada do sucedido, pero non negaba que o mellor lle dese o cabezado o axente, así como ter usado o cutter. Estes feitos, que foron denunciados polos axentes da Guardia Civil e polos cales formularon unha reclamación na vía penal, son presuntamente constitutivos dun delito de atentado a autoridade, un delito leve de danos e un delito leve de lesións.

Tal e como explicou o avogado do Concello, quen se presentará como acusación particular, os feitos mencionados comezaron como un delito menor, que tras o dictado do auto o mércores, transformaronse nun procedemento abreviado que irá o Xuzgado do Penal. A acusación particular solicita tres anos de cárcere e 24 meses de multa para o acusado. Así, a xurisprudencia indica que o delito de atentado sucede, primeiramente na resistencia, emplezo de forza e intimidación grave, que se ve agravado por ser contra os axentes da autoridade. Os delitos de lesións e danos refiren ó cabezado propiciado ao axente e os destrozos feitos, tanto nos uniformes como no coche oficial.