O Concello de Xinzo xa conta cunha interventora a tempo total

Elvira Lama 1º Pleno
O Concello de Xinzo xa conta cunha interventora a tempo total

Tomou posesión o pasado pasado día 13, aínda que parece que quere solicitar unha comisión por motivos persoais

O Concello de Xinzo, dende fai varios anos, contaba cunha interventora a tempo parcial, cedida pola Deputación de Ourense.

Elvira Lama 1º PlenoComo a praza estaba vacante no concurso deste ano foi solicitada por outra funcionaria de carreira, que neste caso ven de outro concello de Lugo. Segundo manifestacións de Elvira Lama non ten claro que esta persoa vaia a quedarse definitivamente, posto que por motivos persoais pretende, ou está na súa intención, solicitar unha comisión de servicios para voltar ao concello onde viña realizando labores ata agora.
A OPOSICION MANIFESTOU QUE SE ENTEROU DESTE FEITO POLA PRENSA
O Portavoz da oposición, afea o comportamento da alcaldesa neste tema, posto que nin tivo a delicadeza de avisarnos da incorporación deste funcionario de alto nivel no noso concello. Neste senso Toni, continuou dicindo que lle parece moi ben que se cubra a praza cunha interventora a tempo total, posto que na situación a que vamos é importante contar co figura do interventor/a municipal durante todos os días da semana.

Elvira Lama, manifestou que cando ela estaba na oposición, nunca lle informaron de temas como este.