CONFIRMADO, Elvira Lama alcaldesa de Xinzo

Elvira Lama 1
CONFIRMADO, Elvira Lama alcaldesa de Xinzo

Será investida co apoio de todos os partidos escepto PP

Tal e como avanzou fai uns días dendealimia.com

Instantánea - 362

A reunión mantida esta noite por catro dos cinco partidos que conformarán o plenario de Xinzo deu como resultado o acordo de que todos os concelleiros de ÁXIL- BNG e XA apoiarán a Elvira Lama para investila alcaldesa.

Cidadáns, que non asistiu a reunión, xa lle deu o seu apoio dende o día seguinte as votacións, ainda que estará pendente dos acordos da executiva do partido.

Nesta reunión mantida na tarde noite de xoxe luns, parece ser, que non se tomaron máis acordos.

O próximo mércores continuarán as negociacións para a conformación da Xunta de Goberno e adscrición de concellerías.