miércoles 28/7/21

A conselleira de Medio Rural anima ós estudantes limiaos a coidar o monte galego

Angeles Vázquez visitou os institutos de Xinzo de Limia

conselleira

    Os alumnos dos institutos de Xinzo asistiron á presentación da campaña "o Monte é a nosa vida axúdanos a coidalo" que tivo lugar o xoves. O obxectivo deste proxecto é sensibilizar á opinión pública e ós visitantes da importancia do monte galego, resaltando o seu valor medioambiental, económico e social. A conselleira do Medio Rural presidiu o acto diante de máis de 200 alumnos do IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioquía. Angeles Vázquez quixo difundir o valor do monte e incidir nos máis novos en que hai q frear a "lacra" dos incendios forestais sobre todo a través das redes sociais polo gran medio de comunicación que supoñen. 

A campaña "o Monte é a nosa vida axúdanos a coidalo" comezou no 2007 e dende enton chegou a máis de 1700 estudantes galegos, con máis de 500 traballos presentados entre os que se repartiron premios de 900 euros. Agora a iniciativa chegou a Xinzo de Limia e os alumnos comezarán a traballar nela. Está promovida pola Confederación Galega de Empresarios da Madeira en colaboración coa Xunta.

A conselleria de Medio Rural aproveitou o acto para reiterar o compromiso da administración galega co proxecto de regadío da Limia para o que se destinará unha partida dos orzamentos galegos de 2016.

Comentarios