miércoles 28/7/21

Controis estritos e exhaustivos de aforos nos concertos e outras actividades das festas de Sta. Mariña

Para asistir é necesario inscribirse con antelación.
cartel festas Sta. Mariña 2021
cartel festas Sta. Mariña 2021

O Concello de Xinzo de Limia afánase en ofrecer aos seus veciños unhas festas seguras na honra da patroa, Santa Mariña. Por iso adaptouse o programa á realidade imposta pola pandemia e a Concellería de Cultura elaborou unha programación que fuxe dos eventos multitudinarios, se ben ofrecerá entretemento en grandes doses.

Os interesados en participar nos actos deberán inscribirse previamente.

Cada cartel difundido coas diferentes propostas da programación conta cun enlace no que se están levando a cabo as reservas. Neste sitio web tamén se advirte, nalgúns casos, de que as prazas son limitadas e estas asignaranse, en caso necesario, por rigurosa orde de inscrición.